taller de observación

Título: A sombra da miña casa. Exercicio Artístico 01

Descrición da actividade:

A actividade consiste en realizar un exercicio creativo e artístico de observación das sombras que se producen ao longo do día na túa casa.

Unha vez que vexas esas sombras realiza o teu rexistro; xa sexa a través da fotografía, o vídeo ou un calco da sombra.

Cando os teñas compárteos nas redes sociais (Instagram, Facebook, Twitter, etc) e comenta o que ves na imaxe que é o que te transmite a través do hashtag #asombradamiñacasa

Incrementa a túa creatividade introducindo cores, filtros, imaxes, palabras,etc

Recursos Materiais:

  • Os ollos
  • A imaxinación
  • Papel
  • Lápis
  • Cámara do teléfono móbil
  • Cámara de fotos
  • Cámara de video

Outros datos:

Observar. verbo transitivo. Mirar ou examinar con atención. Diccionario da Real Academia Galega

+ Obradoiros

Lista de Obradoiros Creativos

Deixar unha resposta