Título: A plantación do Aguacate. Sección: Sementar, Sementarei
Descrición da actividade:
Sacar o óso do aguacate e limpar con auga.
Cravar tres escarbadentes en forma de aspa na parte máis ancha ( será a parte de arriba)
Cortar a botella de plástico pola metade. Poñer o aguacate na parte de arriba (suxeitarase cos escarbadentes). Botar auga ata que cubra a metade do óso.
Notas: para que xermine teremos que esperar polo menos dous meses e ir cambiándolle a auga. Co paso do tempo verémolo medrar.
Recursos Materiais:
- Aguacate
- 3 escarbadentes
- 1 botella de plástico (material de refugallo)
- Cutter
- Tesoira
Webgrafía:
Aguacate. Árbore da familia das lauráceas, orixinaria de América Central, hoxe cultivada en toda América do Sur, que dá uns froitos de forma parecida á pera, con casca verde e polpa moi nutritiva e aceitosa e da que existen varias especies. Diccionario da Real Academia Galega.
+ Outros Obradoiros Creativos